E&E: together for our youth - Small scale partnership en 2022 e 2023
Este proxecto de cooperación entre Valdeorras Vive e a asociación de Estonia Ethos MTÜ desenvólvese durante os anos 2022 e 2023, con dúas mobilidades xuvenís e actividades locais, tanto na nosa rexión (Valdeorras e O Bierzo), como en Tallin, a capital de Estonia. É un proxecto que busca potenciar o emprendemento social e a cooperación entre ambos países, cun enfoque pensado para o rural, tomando como exemplo a Tebaida Berciana.
Para quen?
O proxecto, unha cooperación dun ano de duración, reuniu a 12 mozos de España e Estonia. Para tal fin, seleccionamos a mozos activos e interesados no emprendemento rural e social.
Obxetivos
O obxectivo desta cooperación é promover o emprendemento e a creación de iniciativas innovadoras en zonas rurais, con foco na educación non formal e o intercambio cultural entre as zonas rurais e urbanas (a Tebaida Berciana e a cidade de Tallin).
Onde e cando?
A primeira mobilidade tivo lugar na aldea de montaña de Peñalba de Santiago durante 5 días (21-26/10 de 2022). A última mobilidade terá lugar en Tallin, a capital de Estonia.
O equipo
Os coordinadores deste proxecto son Lucas Docampo de Valdeorras Vive e Aleksandra Galkina da asociación Ethos MTÜ de Estonia.
Certificado Youthpass
Acreditación da túa participación
Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.
E&E II: Intercambio en Tallinn, Estonia
A segunda parte deste proxecto levounos a Tallinn, a capital de Estonia, nun ambiente pioneiro no campo da dixitalización e o emprendemento social. Nun intenso programa, os participantes puideron descubrir o Parlamento de Estonia, o barrio de Teliskivi e a súa incubadora de startups e Europa Experience, unha exposición interactiva das institucións europeas.
Organizado por:
Co apoio de: