Galician Whispers: fostering diversity through tales and legends - Intercambio xuvenil en 2023
Este proxecto Erasmus+ ten lugar no outono de 2023 en Carucedo (O Bierzo), onde reunimos participantes de cinco países para explorar lendas, tradicións e contos populares como forma de reflexionar sobre a diversidade e os valores comúns que nos unen.
Para quen?
Este intercambio xuvenil reúne a 30 mozos de seis países: España, Italia, Estonia, Croacia e Grecia (5 participantes + xefe de grupo).
Obxetivos
O obxectivo é profundizar na comprensión da diversidade e da comunicación intercultural a través da educación non formal, para combater os prexuízos e os estereotipos culturais.
Onde e cando?
O proxecto desenvólvese na localidade de Carucedo, xunto ás minas de ouro de As Médulas, durante 9 días (08/10-17/10 de 2023).
O equipo
Os coordinadores deste proxecto son Lucas Docampo e Aleksandra Galkina.
Certificado Youthpass
Acreditación da túa participación
Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.