top of page

I don't believe in Meigas, but in Valdeorras there are - Intercambio xuvenil en 2021

240061743_794233374587842_6380953718020194706_n.jpg
241132292_799862837358229_5349607884406579648_n.jpg

Este proxecto Erasmus+ tivo lugar no verán de 2021 na localidade de Carucedo, xunto ás minas romanas de Las Médulas. Nun escenario máxico, reunimos participantes de seis países para aprender e reflexionar sobre diferentes perspectivas culturais, sobre tradicións e lendas populares, tomando como exemplo as historias de meigas do rural galego.

241051790_799361597408353_3044025074971902839_n.jpg

Para quen?

O intercambio xuvenil reuniu a 36 mozos de seis países: España, Estonia, Turquía, Armenia, Ucraína e República Checa (5 participantes + xefe de grupo).

Obxetivos

O obxectivo foi promover o intercambio cultural e a aprendizaxe non formal reflexionando sobre diferentes perspectivas culturais. Buscouse que os participantes vivisen a cultura local do rural galego.

Onde e cando?

O proxecto tivo lugar na localidade de Carucedo, durante 6 días (15/08-21/08 2021). Tamén visitamos As Médulas e o lago de Carucedo.

O equipo

Os facilitadores deste intercambio foron Lucas DocampoJulieta Fusaro Álvaro Docampo co apoio de Aleksandra Galkina do equipo de Estonia.

DSC_0541_edited_edited.jpg
Ao principio tiña un pouco de medo porque nunca fixera un intercambio Erasmus+ e non sabía como funcionaba. Xa o primeiro día deime conta de todas as experiencias marabillosas que me tivese perdido.

Ana Míguez (España)

Certificado Youthpass

Acreditación da túa participación

Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.

241240208_801077117236801_8030665019157553312_n.jpg
59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page