In the shoes of a pilgrim: a claim for a sustainable tourism - Intercambio xuvenil en 2021
Este proxecto Erasmus+ tivo lugar no verán de 2021 en Casaio (Valdeorras), onde reunimos a participantes de cinco países para poñer en valor o patrimonio e promover o turismo sostible, tomando como exemplo ao Camiño de Santiago. A través da aprendizaxe intercultural, compartimos historias e valores culturais, creando conexións duradeiras.
Para quen?
O intercambio xuvenil reuniu a 30 mozos de cinco países: España, Italia, Estonia, Armenia e Xeorxia (5 participantes + xefe de grupo).
Obxetivos
O obxectivo era poñer en valor o patrimonio e promocionar o turismo sostible a través do exemplo de Camiño de Santiago para promover o respecto cara a outras culturas.
Onde e cando?
O proxecto tivo lugar na aldea de montaña de Casaio, durante 9 días (30/07-09/08 do 2021). Tamén visitamos Santiago de Compostela e O Barco de Valdeorras.
O equipo
Os facilitadores deste intercambio foron Lucas Docampo, Julieta Fusaro e Álvaro Docampo co apoio de Aleksandra Galkina do equipo de Estonia.
Certificado Youthpass
Acreditación da túa participación
Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.