
Mindful Steps: an expedition through the Winter Way - Intercambio xuvenil en 2024


Este proxecto Erasmus+ ten lugar na primavera de 2024 no Bierzo e Valdeorras, onde reunimos a participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago que atravesa a nosa comarca, unha ruta na que imos abordar a temática da saúde mental, os beneficios da peregrinación e a relación dos mozos coa natureza.

Para quen?
Este intercambio xuvenil reúne a 20 mozos de catro países diferentes: España, Estonia, Grecia e Romania (4 participantes + líder de grupo).
Obxetivos
O obxectivo é promover a saúde mental na mocidade dende unha perspectiva integral arredor da temática do Camiño de Santiago, cos seus beneficios a nivel físico, mental e emocional.
Onde e cando?
O proxecto realízase percorrendo 80 km do Camiño de Inverno, dende Ponferrada ata O Barco de Valdeorras, durante 8 días (02/07-11/07 2024).
O equipo
Os organizadores deste proxecto son Lucas Docampo e Julieta Fusaro.
Certificado Youthpass
Acreditación da túa participación
Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.



Guía do proxecto
Prepárate para esta experiencia Erasmus+
O INFOPACK é un documento esencial para todas as persoas participantes no intercambio. Nel atoparás toda a información clave sobre o proxecto: datas, ubicación, programa de actividades, perfil das persoas participantes, que levar, normas do proxecto, detalles sobre o aloxamento e a cobertura de gastos. ¡Todo o que necesitas saber para prepararte para esta experiencia Erasmus+!


