O mes de setembro brindounos coa oportunidade de vivir unha inesquecible experiencia #erasmusplus, xa que fomos invitados a participar nun emocionante curso de formación na aldea de Eani, preto de Kozani, Grecia. Baixo o título "Digital Well-Being", este proxecto financiado pola Unión Europea reuniu asociacións de oito países europeos, prometendo ser unha viaxe chea de aprendizaxe e descubrimentos.
O tema central do curso foi o mindfulness e as competencias dixitais, dúas áreas que son cruciais na actualidade. Pero o que fixo que esta experiencia fose única foi a maneira na que se abordaron estes temas a través de métodos de educación non formal: esquecendo as aulas tradicionais e os libros de texto; aquí, a aprendizaxe leva a cabo mediante actividades prácticas, obradoiros e xogos de rol.
Os nosos dous participantes, Ángela e Christian, resúmeno desta maneira:
"Participamos de moitas actividades, como a aprendizaxe do benestar dixital, obradoiros sobre competencias dixitais e xogos de rol. Ademais, melloramos as nosas habilidades, como a oratoria, a auto-reflexión e a nosa propia perspectiva sobre o tema. En resumo, foi un curso de formación moi interesante xunto con outros sete países, e grazas a iso puidermos aprender e coñecer como pensan as persoas de culturas estranxeiras. Foi unha das mellores experiencias das nosas vidas, xa que é a combinación perfecta para medrar e aprender de formas diferentes."
Desde aquí, só nos queda agradecer a oportunidade ao equipo de GO Alive (Maria, Markos, Nefeli e moitos máis), así como ao resto das asociacións que formaron parte disto. Ata a próxima!
Comments