top of page
Writer's pictureValdeorras Vive

No corazón do Cáucaso: un intercambio Erasmus+ nas montañas xeorxianas

O sol asomaba tímidamente sobre as montañas do Cáucaso mentres entrabamos nunha aventura única na vida. Valdeorras Vive embarcouse nun emocionante intercambio xuvenil en Xeorxia titulado Youth, Sports & Bonfire.

Imaxina atoparte nun recuncho remoto de Europa, rodeado de mozos de Estonia, Xeorxia e Ucraína, todos unidos por unha paixón compartida: a exploración da natureza, o deporte e o espírito aventureiro. Isto é precisamente o que vivimos neste intercambio Erasmus+.

A capital xeorxiana, Tbilisi, recibiunos coa súa mestura única de historia e modernidade. Paseando polas súas rúas empedradas e polos seus coloridos edificios, mergullámonos na súa rica historia, influenciada polos imperios persa, ruso e otomán. A fusión da arquitectura histórica e as vibrantes expresións artísticas contemporáneas deixounos fascinados.

Pero foi o pobo de Xeorxia o que fixo que esta aventura cobrase vida, especialmente os nosos amigos da asociación anfitriona Alternative Education Academy, un grupo de scouts e amantes da educación non formal que leva máis de dez oportunidades internacionais para o seu país. anos.anos. Dende aquí o noso agradecemento enorme a Archil, Gvantsa e Kopa, así como a Sasha da asociación estonia Ethos MTÜ, porque deron todo para que nos sentimos como na casa.

Durante esta semana de aprendizaxe pasamos a maior parte do tempo en actividades ao aire libre. A través de moitas dinámicas e xogos diferentes aprendemos cousas como acender correctamente o lume, realizar primeiros auxilios, atar diferentes nós ou construír o noso propio abrigo con só unhas poucas ferramentas. Como en todo intercambio xuvenil, a mestura de culturas fixo da experiencia un collage moito máis interesante, con xogos tradicionais de cada país ou as xa clásicas noites interculturais.



Unha das primeiras experiencias que nos mergullou na cultura xeorxiana foi a tradición de Tamada. Nunha velada intercultural chea de risas e viño xeorxiano, atopámonos sentados en círculo, compartindo historias e brindando a amizade. A Tamada, ou "mestre de banquetes", converteuse no noso guía durante esta cerimonia de brinde.


Outro dos momentos máis espectaculares da nosa aventura foi o paseo ata o Mosteiro de Jvari. Rodeados pola maxestade das montañas da rexión de Kazbegi, ascendemos cara a este antigo lugar de culto. Ao chegar ao cume, a panorámica quitounos o alento.

Xeorxia, un país que viu a súa parte de desafíos ao longo da historia, deunos unha valiosa lección. Nun mundo onde as barreiras parecen multiplicarse, a educación é un faro de esperanza.

E é que non podemos escribir estas liñas sen unha mención especial para o equipo ucraíno, seis mozos chegados da cidade de Sumy e que nos acompañaron neste intercambio mentres se enfrontaban á sombra da invasión rusa no seu país. Cremos que estas oportunidades son unha paleta de cores nun lenzo que ameaza con escurecerse, unha declaración de resistencia, unha afirmación de que a procura do coñecemento e da amizade non se detén ante ningún discurso de odio.

Foi así como, no medio das montañas de Xeorxia, entre amigos de diferentes culturas e nun momento de incerteza global, atopamos un firme ancoraxe na importancia de experiencias coma esta.


Vémonos moi pronto, Sakartvelo!

Lucas Docampo


コメント


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page