Durante o mes de marzo tivemos a oportunidade de participar nun curso de formación Erasmus+ organizado por NaturKultur nunha casa rural cercana á cidade de Bremen, en Alemaña. O proxecto enfocouse na importancia do autocoidado para os traballadores xuvenís. De volta á realidade, é o momento de plasmar algunhas reflexións do vivido.
A semana comezou intensamente, coñecéndonos dunha forma moi orixinal: a través da expresión artística debuxando mandalas, unha representación do noso eu que nos acompañaría durante toda a semana ata o último día do intercambio. A proposta de Naturkultur foi facernos reconectar coas nosas necesidades e talentos, tanto no laboral como no persoal, con talleres sobre psicoloxía, comunicación ou meditación, por citar algúns poucos. Unha casa encantadora rodeada de bosque, no medio da absoluta nada, foi o escenario perfecto.
Unha das leccións máis interesantes que levamos é o concepto de "illas de autocoidado". A través da creación de espazos de actividade en diferentes áreas da casa rural, aprendemos a dedicar tempo para coidar de nós mesmos e das nosas necesidades persoais. Parécenos un enfoque súper orixinal para promover unha mentalidade de coidado persoal e propoñer actividades durante o tempo libre, algo que seguro que aplicaremos nos nosos intercambios.
A segunda gran lección que levamos é a importancia e a necesidade de promover un estilo de vida máis sostible no noso día a día e nos proxectos Erasmus+. Podemos confirmar que sobrevivimos a unha semana comendo verde, cunha dieta vexetariana preparada con moito agarimo e que foi de todo menos un reto. Foi increíble ver a paixón coa que nos presentaban cada prato desde o equipo de cociña, buscando sorprender e demostrar que se pode comer dunha forma máis consciente e responsable. Mil grazas a Juraj, Anna e Marilena por toda a súa paixón entre os fogóns.
Unha última reflexión coa que nos quedamos a aprendemos durante os talleres de baño de bosque. Dagna, unha das trainers do proxecto, invitounos a participar en varios paseos de meditación, reflexións grupais e outras propostas arredor dunha idea ben sinxela e poderosa: que a conexión coa natureza ten efectos positivos na saúde mental e física.
Desde reducir o estrés, a mellorar o estado de ánimo, aumentar a actividade do sistema inmunolóxico ou mellorar a función cognitiva, por moito que vos poida parecer unha proposta mística, invitámosvos a probala e descubrilo vós mesmos. Se tes tristeza ou necesitas desfogarte, achégate a un árbore e contalle as túas penas. Escoitarache atentamente, darache sombra e aire fresco a cambio.
Non sabemos se será polo entorno, a comunidade que construímos durante estes días, ou simplemente a sorte de atoparnos cun grupo tan diverso e especial, pero este foi un deses proxectos que non se esquecen facilmente. Grazas tanto a Naturkultur como ás nosas amigas de Brisaintercultural e a todos e cada un dos que o fixestes posible.
Despedímonos coa certeza de que non sexa un adeus, senón un ata pronto.
✨ Fixing what you didn't break ✨
There are moments that we keep
just by looking at them,
just by being there,
just by observing them from the inside,
from the outside,
from the back
and from the front,
By being the main character
or one of those
who have the privilege
of being a secondary one.
Because there are moments with a particular smell,
with the sun that never shows,
and the snow that falls at night.
Moments with a background song
we listen to for the first time
or songs we just know too much about.
And moments that we may forget
and moments that we won't.
People
who will keep impacting us,
who will keep arriving
with their deep talk
in the green room,
with their mind games
in the seminar room,
with a bright smile
every time we cross in the house
and with their funny falls
in the dining room.
Does anyone still remember the tennis night?
Should we let our inner child free again?
Should we just keep living it all over again? Because there is life
to experience
and experiences
to live.
There are people
we were meant to meet in no other way,
forest walks
we were not planned to take,
and cities we may have never come to see.
And this is the moment,
this exact one,
when I decide to keep it.
Keep it
just by looking at it,
just by watching people
creating our mandala.
That,
that speaks many languages
that I don't understand,
and hides countries I've never met,
with traditions that are not mine.
In this finite second,
in this particular feeling,
in this moment
that creates experience,
experience that may always stay,
even when
everything
is done.
Texto: Lucas Docampo
Poema: Paula Esteban
Comments