top of page
Writer's pictureValdeorras Vive

Sex Education Nowadays: explorando a educación sexual en Estonia

O pasado outubro, tivemos a oportunidade de mergullarnos nun fascinante curso de formación Erasmus+ en Estonia, organizado pola asociación IZUM Club en colaboración con varias asociacións europeas. O enfoque do programa, titulado "Sex Education Nowadays", levounos a explorar as complexidades e desafíos actuais na educación sexual, un tema fundamental na formación da xuventude.

Unha das características máis destacadas do curso foi a presenza dunha sexóloga impartindo as sesións teóricas. Blanca, unha das participantes do equipo español, compartiu o seu entusiasmo á respecto: "O mellor foi o feito de que fose unha sexóloga quen impartise as sesións teóricas. Aprendín moita información actualizada sobre ETS".

Carmen, outra integrante do equipo español, destacou a importancia de ter coaches profesionais no campo da educación sexual. "O mellor foi que as coaches fosen profesionais do campo, notábase que lles gustaba o que falaban e tratábano con moitísima naturalidade", expresou Carmen. A habilidade das coaches para manexar a temática con naturalidade e empatía contribuíu a crear un entorno seguro e propicio para o aprendizaxe.

Ademais, Carmen compartiu as súas aprendizaxes sobre como comunicarse cos nenos dunha forma menos paternalista. "Aprendín como falar cos nenos dunha forma moito menos paternalista. Ninguén nace sabendo". Este enfoque, baseado na comprensión e o respecto, non só transforma a maneira de abordar a educación sexual, senón que tamén fomenta unha mentalidade aberta e receptiva.

Unha das leccións máis interesantes foi a observación de Carmen sobre as diferenzas culturais entre países. "Tamén vin que as diferenzas entre países non fan absolutamente nada á hora de tratarnos con respecto e ter valores moi, moi semellantes".

En resumo, o curso de formación Sex Education Nowadays non só proporcionou coñecementos valiosos sobre educación sexual, senón que tamén deixou unha pegada duradeira na percepción e enfoque dos participantes. Grazas a todos os que o fixestes posible!

Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page