top of page
Writer's pictureValdeorras Vive

Tebaida Berciana: ideas innovadoras para o rural do futuro

Durante o mes de setembro acollimos un curso de formación #erasmusplus nun escenario tan especial como Peñalba de Santiago. Nesta ocasión, 16 traballadores e educadoras xuvenís de Turquía, Hungría e Estonia sumáronse ao noso equipo nun proxecto centrado no emprendemento rural e na creación de novas metodoloxías educativas para a promoción e desenvolvemento de zonas rurais como a nosa. Todo isto a partir de exemplos reais neste lugar místico e especial: a Tebaida Berciana.

Nesta ocasión queremos que sexan os protagonistas da experiencia os que vos conten como foi esta semana de formación e aprendizaxe, polo que sen máis deixámosvos os testemuños dalgúns dos participantes:

"Unha experiencia marabillosa, única e completa na que traballamos temas como o desenvolvemento empresarial no rural. Se estás dubidando en facer un curso de formación con Valdeorras Vive, non o penses dúas veces. Pasaralo moi ben." - Tamara Luis (Ciudad Rodrigo, España)

"Unha experiencia incrible! Unha estancia de luxo, con actividades ben planificadas, desde paseos ata visitas guiadas. Os obradoiros foron moi útiles e a información foi moi clara." - Ilja Nikolajev (Tallinn, Estonia)

"Recomendo ao 100% o programa Erasmus+ a todos os mozos que buscan oportunidades internacionais e crecemento persoal. Unha vez que te embarques nesta aventura quererás repetir." - Aleksandr Maeots (Tallinn, Estonia)

"Unha organización xuvenil incrible! Foi unha experiencia única poder participar neste Curso de Formación Valdeorras Vive! Recomendo a todo o mundo esta organización, cheguei ao programa co obxectivo de ter unha visión clara do emprendemento no rural e podo dicir que me axudou moito para visualizar os meus proxectos de futuro. Ademais, aprendín moito sobre as organizacións xuvenís e como funcionan este tipo de programas." - Uxue Iruretagoyena (Álava, España)


Tebaida Berciana: innovative ideas for a rural future é un curso de formación Erasmus+ homologado e cofinanciado pola Comisión Europea a través do Instituto Español da Xuventude (INJUVE).


GRAZAS unha vez máis a todos os que o fixeron posible: ás asociacións colaboradoras (Ethos MTÜ de Estonia, KIYIDOSK de Turquía e Európa Ifjúsága Egyesület de Hungría) ao Concello de Ponferrada polo seu apoio, así como á Real Fundación do Hospital da Raíña a través do Proxecto Genadii para facilitar o uso das instalacións do Espazo Genadii de Peñalba.

¡Ata a próxima ocasión!


Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page