top of page
DSC02597_edited.jpg

RuralMakers - Partnership Building Activity en 2024

DSC_0175.JPG
DSC_0546.JPG

Este evento Erasmus+ ten lugar en novembro de 2024 en Peñalba de Santiago (O Bierzo), onde reunimos a traballadores xuvenís e educadores de varios países europeos para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a xuventude.

DSC_0192.JPG

Para quen?

Este PBA reúne a 16 traballadores e educadores xuvenís de nove países: España, Estonia, Moldavia, Curazao, Croacia, Alemaña, Turquía, Chipre e Grecia.

Onde e cando?

O proxecto ten lugar na emblemática aldea de montaña de Peñalba de Santiago, durante 6 días  (16-23/11/2024).

Obxetivos

Este encontro está dirixido a traballadores xuvenís e profesionais da educación de todo o rural En formato PBA, buscamos conectar, compartir experiencias e colaborar na creación de novos proxectos centrados na mocidade do rural.

O equipo

Os coordinadores e trainers deste proxecto son Lucas Docampo Gacio e Aleksandra Galkina.

Foi unha experiencia incrible. Un programa ben preparado e equilibrado con actividades e tempo de descanso. Gustoume traballar con persoas de diversas procedencias e os formadores foron perfectos, asegurándome de que todos se sentisen como na casa, con información útil e comentarios.

Cornelia Ursu (Moldavia)

Certificado Youthpass

Acreditación da túa participación

Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.

DSC_0394 (1).jpg
59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page