Tebaida Berciana: innovative ideas for our rural future - Curso de formación en 2023
Este curso de formación Erasmus+ ten lugar en setembro de 2023 en Peñalba de Santiago (El Bierzo), onde reunimos a traballadores xuvenís e educadores de catro países para traballar para crear proxectos de éxito en espazos rurais como a Tebaida Berciana, con exemplos prácticos para promover o emprendemento e a innovación para a protección do noso patrimonio histórico.
Para quen?
Este curso de formación reúne a 16 traballadores xuvenís e educadores de catro países: España, Estonia, Hungría e Turquía (4 participantes de cada país).
Obxetivos
Este curso de formación nace da idea de proporcionar aos traballadores xuvenís mellores ferramentas e inspiración para ensinar e promover o emprendemento en zonas rurais.
Onde e cando?
O proxecto ten lugar na emblemática vila de montaña de Peñalba de Santiago, durante 8 días (17/09-24/09/2023).
O equipo
Os coordinadores deste proxecto son Lucas Docampo e Aleksandra Galkina.
Certificado Youthpass
Acreditación da túa participación
Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.
Objetivo Bierzo: "Peñalba atrae a Europa"
Unha reportaxe en colaboración con Castilla y León Televisión