top of page
DSC02597_edited.jpg

Terra Viva: inspiring entrepreneurship among rural youth - Curso de formación en 2024

DSC_0589 (1).jpg
DSC_0432.JPG

Este curso de formación Erasmus+ ten lugar en maio de 2024 en Peñalba de Santiago (El Bierzo), onde reunimos a traballadores xuvenís e educadores de catro países para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a mocidade.

DSC_0613.JPG

Para quen?

Este curso de formación reúne a 16 traballadores xuvenís e educadores de seis países: España, Estonia, Romanía, República Checa, Grecia e Letonia.

Obxetivos

Este curso de formación nace da idea de proporcionar aos traballadores xuvenís mellores ferramentas e inspiración para promover o emprendemento e a innovación entre a mocidade do rural.

Onde e cando?

O proxecto ten lugar na emblemática vila de montaña de Peñalba de Santiago, durante 6 días.

O equipo

Os coordinadores deste proxecto son Lucas Docampo e Aleksandra Galkina.

DSC_0575.JPG

Toolkit educativo

Promovendo o emprendemento na xuventude rural

A nosa experiencia traballando coa mocidade rural impulsounos a crear novas metodoloxías de educación non formal para compartir e mellorar coa práctica, nunha área onde faltaban este tipo de ferramentas. Como resultado, durante o curso de formación desenvolvimos este Toolkit, no que propoñemos un total de 5 métodos innovadores centrados no emprendemento en áreas rurais.

Crear as nosas propias ferramentas educativas foi un desafío, pero no mellor dos sentidos. Puiden poñerme a proba nunha situación que ao principio parecía imposible, pero que logramos superar!

Marina Ilialetdinova (Estonia)

Objetivo Bierzo: "Jóvenes al rescate del medio rural"

Unha reportaxe en colaboración con Castilla y León Televisión

Certificado Youthpass

Acreditación da túa participación

Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.

DSC_0668.JPG
59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page