top of page

The Winter Way - Intercambio xuvenil en 2021

DSC_0757 (1).jpg
DSC_0255.jpg

Este proxecto Erasmus+ tivo lugar no verán de 2021 entre El Bierzo e Valdeorras, onde reunimos participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago  que atravesa Valdeorras. Foron días de longas xornadas de sendeirismo, con visitas culturais, actividades e obradoiros sobre a experiencia da peregrinación.

256083756_842079616469884_2365147981598191236_n.jpg

Para quen?

O intercambio xuvenil reuniu a 20 mozos de catro países: España, Turquía, Romanía e Bosnia e Hercegovina (4 participantes + xefe de grupo).

Obxetivos

O obxectivo era poñer en valor o patrimonio e promocionar o turismo sostible a través do Camiño de Santiago para promover o respecto cara a outras culturas.

Onde e cando?

O proxecto desenvolveuse camiñando pola ruta do Camiño de Inverno, percorrendo 110 quilómetros a pé entre Molinaseca e Vilamartín, durante 7 días (07/07-14/07/2021).

O equipo

Os facilitadores deste intercambio foron Lucas DocampoJulieta Fusaro Álvaro Docampo co apoio de Alexandra Galkina.

DSC_0541_edited_edited.jpg
Comer xuntos despois de cada longo día, falar das nosas vidas e soños, escoitar moitos consellos e realidades diferentes deume a coraxe de facer cousas que antes non pensaba.

Cansu Çeviker (Turquía)

Certificado Youthpass

Acreditación da túa participación

Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.

178979735_774571823220664_5122690784714375718_n.jpg
59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page